COMENTARIO LITERARIO “ABEL”. SARA
LEMA. 4º A.
PLANO DO
CONTIDO:
1. TEMA: A
chegada esperada dun meniño que nace morto.
2.
ARGUMENTO: Trátase dunha familida de catro irmás e os pais que agardaban a
esperada da chegada dun meniño ao cal lle asignaron o nome de Abel, pero este
naceu morto e a ilusión quebróuselles con este acontecemento.
3. O
narrador é omnisciente, coñece todos os acontecementos e sabe os pensamentos de
cada personaxe (será un meniño). Ata sabe o que sente cada un, en concreto o
que sente a nai cando sabe que está embarazada. Pero non comparte os feitos.Non é un personaxe da
historia.
4. Hai oito
personaxes, o pai, a nai, as catro irmás e o agardado meniño. Non temos moitos
datos deles, e só sabemos o nome do meniño, Abel. Del sabemos que faleceu antes
de nacer.Da nai e do pai non se sabe case ningún dato, só coñecemos algúns
sentimentos momentáneos, despois non se describen nin se saben nomes. Das irmás
sabemos que están moi emocionadas pola chegada do neno, e tamén sabemos as súas
idades por dedución, xa que o narrador utiliza un xogo de números para que o
lector pense na idade “a máis nova ten cinco anos, “van en escaleira de dous en
dous”.
PLANO DA
FORMA:
1.”Un latexo
velaíño…” infórmanos sobre como a nai sabe que está embarazada.
“será un
meniño”, a familia está convencida de que é un meniño aínda que non haxa nada
para probalo. “ O tempo facíase longo…” fálanos de cómo a familia se lle fai
longa a espera da chegada do meniño. “De altar…”quere mostrar a importancia que
ten o meniño para elas.
2. Hai
abundancia de pretéritos e copretéritos, que guían o ritmo narrativo
combinándose para aportar doses de lentitude do tempo da espera e puntualidade de
acción con matices de maior aceleración. Exemplos: “dicía, era,
viron, medraba, ían, viña…”
3. Tiñan
catro fillas, é importante saber este dato, xa que así sabemos que Abel é o
quinto fillo. O número de nenas podería xustificar a ansiada chegada de un
integrante do outro sexo que aportaría “variedade” á familia.
“De dous en
dous” grazas a esto podemos deducir a idade das rapazas. “Catro corazóns”
substitúe as catro rapazas polos seus corazóns que sentían dor polo seu irmán, un recurso literario moi relevante
estilisticamente.