PLANO
DO CONTIDO:
Tema: Abel: Unha
ilusión acabada en traxedia.
Argumento: Unha
familia tiña catro fillas, cada unha en escaleira de dous en dous
anos. É un día chegou
a ilusión da familia que era o nacemento dun meniño.Xa
lle tiñan nome e todo `Abel´ pero finalmente acabou sendo unha
traxedia .
Narrador: Non
aparece na historia, xa que conta a experiencia da familia que queria
ter un neniño xa que só
tiña catro fillas, pero finalmente todo quedou nunha traxedia.
Coñece as emocións, os
pensamentos e as actuacións das rapazas e compárteas cos lectoes.
Ex......
Personaxes: Os
personaxes que se están
mencionando son as catro fillas, a nai e o pai.
``As
nenas cavilaban arreo
do irmanciño´´ (l.16), ``un latexo velaíño que a nai
albiscou no fondo de si´´ (l.6), ``Pola mañan o pai
chamounas´´ (l.34). Non
hai nomes, nin rasgos físicos tan só asistimos ás condutas propias
duns seres infantís con enorme ilusión e isto é o relevante. A
Abel “invéntano” “branco e agudo”
un rasgo físico asociado coa finura “social” e outro carácter,
sinal de intelixencia ou agudeza, que farían do novo integrante
familiar, un ser digno, relevante.
PLANO DA FORMA
- REALIZA UNHA VALORACIÓN SOBRE SUBSTANTIVOS ``DESTACADOS´´Repitese moito a palabra ``nenas´´, exemplo, ``E as catro nenas repetían aquel dito´´ (l.10), ``As nenas cavilaban arreo no irmanciño´´ (l.16), ``Pensando nel deitábanse e erquíanse as nenas´´(l.23), ``As nenas non se moveron´´(l.30), ``Alí chegaron as catro nenas coa súa ilusión crebada´´ (l.40). O antropónimo Abel e Abeliño deben ser comentados polo seu alto valor emocional. Ten nome quen non naceu aínda e isto crea un efecto de presenza real e de humanización necesarios para soportar todo o mundo ilusionado que se crea no ambiente familiar.
- TEMPORALIDADE VERBALOs tempos verbais que predominan son o copretérito e o pretérito de indicativo.``daban´´ ``cavilaban´´ ``había´´``deitábanse´´ ``comenzaban´... o copretérito co seu valor durativo e efecto de prolongación da acción adáptase perfectamente á creación da larga espera do do nacemento e da constancia da presenza na mente das nenas, do futuro nacemento. Coa combinación de tempos propios da narración conséguese ritmo narrativo áxil e eficaz.
- O PAPEL DOS NUMERAISOs numerais úsanse para contar os elementos dun conxunto, Úsase moito o numeral ``un´´, ``Pero un día aconteceu algo´´ (l.5), ``un neniño´´ (l.11), ``Xa entre todos lle deran un nome: Abel´´ (l.21)... Apórtanlle concreción e obxectividade a un texto que coma este se sustenta sobre o mundo mental e emocional de catro nenas. O autor prefire a expresión “ 7 días” para enmarcar o ritual infantil das rapazas de visitar a “ tumba “ de seu Abeliño.
No comments:
Post a Comment