Monday, February 3, 2014

Técnica narrativa Cousas de Castelao.2. Laura Sánchez Campaña. 4º A

1.Rasgos selectivos esenciais: como é común en Castelao, prescinde de situar a historia no espazo e no tempo, {únicamente di que se atopan no inverno ao referirse ao falecemento do vello ("nesta noite de inverno" L.14)}; comezando directamente cos protagonistas ("dous vellos..." L.1). Soamente se coñece o nome do vello ("Eleuterio" L.9), e non o da muller ("despedida da vella" L.11, "vella namorada" L.13). Tamén se prescinde de idades, dicindo só que son maiores. Non se detalla a historia de amor dos vellos, resumíndoa en catro liñas (L.1 á 4). Non menciona de que morre o vello ("antonte leváronlle o viático e onte morreu" L.5), nin de como morre ela ("chamará pola norte nesta noite de inverno" L.13,14). Aínda que non o relate no texto, polo contexto e pola situación, dáse a entender igualmente.

2.Recursos realistas e apóstrofe ao lector: neste texto non existen exemplos que definan este rasgo.

3.Humorismo: situándonos na época, era extraño casar por amor, xa que naqueles tempos, as mulleres acostumaban casar o antes posible para deixar o fogar dos pais; resaltando Castelao que esta parella sí que casou namorada ("que logo se casaron por amor e viviron amándose totalmente" L.1,2). Na liña 1 tamén aparece que "que tamén tiveron mocidade", dirixíndose á xuventude, explicándonos indirectamente que sí que foron mozos una vez, e indicándonos que el coñece as dúbidas da xente moza ao pensar como serían as persoas maiores antes de envellecer.

4.Lirismo e sentimento persoal: neste relato, onde Castelao se centra na historia de amor, poñendo todo o sentimento posible nela ("dous vellos, sempre  xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchío dun xílgaro engaiolado" L.2,3), acentuándoo cando morre o vello, e dando a ver o cariño que lle segue tendo a vella ("a compañeira dos seus días vestíuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz" L.5,6) ("A vella saíu á porta da casa e coa voz amorosa dos días de mocidade despediuse do seu compañeiro: -Deica logo, Eleuterio!" L.7,8,9)

5.Desenlaces coidados con esmero e cunha reflexión final ou epifonema:coma na maioría dos relatos, Catelao despreza a actitude da sociedade. Desta vez, protesta pola insensibilidade da xente do pobo ao rírse da agarimosa despedida da vella ao seu amado; dando a ver a falta de empatía, e a ignorancia ante a dor que a vella sente pola morte de Eleuterio ("e os veciños que acudiran ao espectáculo tapáronse as bocas e riron cos ventres. A despedida da vella foi rolando e chegou ao Casino e o deica logo Eleuterio xa se converteu en motivo de risa" L.10,11,12). O último detalle que engade á historia é a morte da vella a mesma noite do enterro, dando por finalizada aquela historia de amor eterna ("Todos, todos riron e ninguén se decata con que dor a vella namorada chamará pola norte nesta noite de inverno" L.13,14)


No comments:

Post a Comment