DENDE A FIESTRA DA TORRE. Castelao. “Cousas”.
TÉCNICA
NARRATIVA:
1.Rasgos
narrativos esenciais: Prescíndese de antropónimos e topónimos. Só aparecen
xestores temporais moi imprecisos propios da contística tradicional (“un
día”, “hai centos de anos”, “pasan días, meses e anos”). Ausencia de rasgos descritivos ou identificadores dos personaxes protagonistas.
Descoñecemos os motivos da desaparición do namorado.
2. Recursos
realistas como o apóstrofe ao lector:”Velaia como contan as xentes a morte
da namorada”(l.7), como pausa cronolóxica e narrativa entre a versión romántica
popularizada emprega o autor esta “simulación de apóstrofe” entregando ao
lector a lenda e invitándoo a participar dela antes de que a versión máis
realista e recente rompa a maxia da memoria popular.
3.O humorismo
lógrase co contraste entre a variante romántica mantida ao longo dos séculos e
a versión real desvelada ao abrir o sartego.
O mundo da fantasía popular reforzada no pasar do tempo queda “profanada” pola
cruel realidade de ser a causa da morte un “empacho froital”. Resolución
inesperada pero auténtica que tamén identifica o estilo narrativo do autor. Hai
tamén humorismo e ironía no tratamento das figuras representativas do rango
social máis elevado(nun mundo rural anticuado) como a do médico e o boticario
aos que cualifica de “intelectuales”(l.11) e “esnaquiza” a imaxe do primeiro
cualificándoo de “home de moitos anteollos e de moita caspa”(l.13).
4. O lirismo e
sentimento persoal están presentes na primeira parte do relato:na localización
espacial”unha fiestra da torre”(l.1), o estado emocional”ollos chorosos”,”
verme dos ciúmes”,”vai morrendo pouco a pouco”(l.1-3). Unha longa e infrutuosa
espera a da nosa protagonista.Tamén este aspecto aparece na mitificación romántica da tumba,
convertida nun santuario de culto para “os espíritos románticos”(l.10).
5.Desenlaces coidados con esmero cunha
reflexión final ou epifonema. “Hai homes que non saben calar”(l.16).
Expresión coa que o narrador admite a súa preferencia por manter a versión romántica
da historia e defende a necesidade de silenciar o desenlace real, pois, este
traicionaría a crenza ilusionante mantida de xeración en xeración coa que o
autor quere posicionarse como cómplice leal.
No comments:
Post a Comment