Técnica narrativa en COUSAS de Castelao.
1- Rasgos selectivos esenciais que denotan o fundamental da historia dominando, pois, a forma breve e sintética froito dun laboriosos traballo de depuración.
2-Utilización de recursos realistas: o relato autobiográfico,buscando verosimilitude; o apóstrofe ao lector que se realiza empregando a p5 e que procura lograr a complicidade emocional co lector.
3- O humorismo, recurso esencial en Castelao mediante o que se revela o fundamental dos asuntos tratados, prescindindo do anecdótico. Así descubrimos os aspectos máis inesperados e tamén máis auténticos dos seus personaxes.
4- O lirismo e sentimento persoal presiden algúns dos relatos producindo unha prosa especialmente rítmica cando o contido temático é emotivo.
5- Os desenlaces están coidados con esmero e a miúdo rematan nun clímax con epifonema(figura que conclúe o relato cunha exclamación ou meditación profundas) co que o narrador expresa nunha acertada síntese a esencia do relato. Noutras ocasións, despois deste clímax narrativo, o conto pode prolongarse unha liñas máis, que serven para lograr unha distensión final.
No comments:
Post a Comment