Técnica narrativa:
1. Rasgos selectivos esenciais: Ausencia de detalles da historia de "amor" entre a protagonista e o seu marido. Deste home sabemos a súa afección (único rasgo que o identifica) e a causa da morte, ningún dato sobre o seu oficio, detalles físicos , de carácter. Descoñecemos a localización espacial e temporal. A prosopografía é inexistente.
2. Humorismo co que se propón, o narrador, resaltar aspectos auténticos con brevísimos datos "Fungueiriño era xogador e morreu do corazón"(l.3-4). O loito que paradoxicamente realza o atractivo de Dña. Florinda " O loito sntáballe ben..."(l.4-5). Nota de humor "suave" na selección léxica : "logrou casarse de segundas"(l.7) coma se o matrimonio fose o obxectivo da muller para conseguir o seu fin: ter un fillo;na elección de recursos literarios:"parece unha reliquia"(l. 11). Afirmando con rotundidade o imposible-pola súa idade- anhelo da muller " Olla cumpridos os seus vellos anceios"(l.12).
3. Lirismo e sentimento persoal: Na "comprensión" da obsesión pola maternidade da pxe. feminina á que trata con respecto emocional: " anceios fanados de acariñar un fillo"(l.4)," doña Florinda quedouse soia diante dos anceios fanados"(l.9). No tratamento da figura da muller, amosando un achegamento humano cara ela, a través dos sufixos alterativos diminutivos" é unha velliña chuchada polo tempo;tan velliña e tan mirradiña..."(l.10-11); por medio de denominacións afectivas" a probe da fidalga; a boa da fidalga". Asemade trasmítenos a comprensión do seu estado mental delirante na vellez:"doña Florinda olla cumpridos os vellos anceios"(l.12),"calquer día quédase morta de ledicia, da ledicia de ser nai"(l.13).
4.Desenlace coidado no tratamento final da breve historia onde o narrador denuncia a ausencia de humanidade e proximidade emotiva das xentes que escoitan as declaracións extraviadas da vella doña Florinda e asume a defensa emocional de quen alimentou toda a súa vida unha ilusión moi profunda que só logrou converter en realidade no seu desvarío senil. "E todos se botan a rir porque as xentes non saben emocionarse"(l.16).
No comments:
Post a Comment